
CONVOCATORIA DE PRAZAS DIRIXIDAS Ao CORPO DE LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE INTERCAMBIOS DA REFJ-EJTN DE 2023
Por resolución da Dirección do Centro de Estudos Xurídicos con data do 28 de setembro de 2022 convócanse prazas para participar en intercambios da Rede Europea de Formación Xudicial (REFJ-EJTN) dirixidas ao Corpo de Letrados da Administracion de Xustiza:
1. Intercambios de curta duración dunha ou dúas semanas en diferentes países da UE
2. Intercambios bilaterais (a solicitude consiste en presentar un proxecto pactado previamente cun xulgado ou tribunal estranxeiro co que se queira realizar o intercambio)
Na resolución a seguir que inclúe o anexo I coas ligazóns habilitadas, atoparán a descrición completa de cada tipo de intercambio, os seus requisitos e forma de presentación de solicitudes, así como as ligazóns a todos os documentos relevantes.
Resolución e Anexo I das prazas convocadas con ligazóns a todos os documentos relevantes
Website EJTN: convocatoria de intercambios: información xeral
Como e onde solicitar os intercambios
Condicións financeiras dos distintos tipos de intercambios
Solicitudes aquí ata o 14 de Outubro de 2022 ás 18.00h