CONVOCATORIA PRAZAS PARA O I CURSO DE EXPERTO UNIVERSITARIO EN MECANISMOS ADECUADOS DE SOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS

CONVOCATORIA PRAZAS PARA O I CURSO DE EXPERTO UNIVERSITARIO EN MECANISMOS ADECUADOS DE SOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS

10/10/2022

Por resolución da Dirección do Centro de Estudos Xurídicos do 7 de outubro de 2022, convócase un proceso de selección de participantes no “I Curso de Experto Universitario en Mecanismos Adecuados de Solución de Controversias” organizado polo Centro de Estudos Xurídicos en colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). 

O curso, cunha carga lectiva de 20 ECTS (500 horas de traballo), ten como obxectivo prioritario ofrecer formación ás carreiras e corpos de Xustiza en materia de solución adecuada de controversias, profundando na comprensión das dinámicas de conflito e realizando unha aproximación ás vías principais que poden usarse para solucionalo, o que inclúe a identificación do mecanismo adecuado en función do caso, e das técnicas e recursos de referencia en cada un deles.

Esta actividade formativa desenvolverase en formato en liña do 7 de novembro de 2022 ao 3 de marzo de 2023 a través da plataforma de formación da UNED. O equipo docente estará a disposición do alumnado a diario, dando pautas, orientacións e cantas explicacións necesiten. 

A distribución de prazas por carreiras e corpos é a seguinte:

  • 17 prazas destinadas á carreira Fiscal.
  • 17 prazas destinadas ao corpo de Letrados da Administración de Xustiza.
  • 2 prazas destinadas ao corpo nacional de Médicos Forenses.
  • 2 prazas destinadas ao corpo de Facultativos do INTCF.
  • 2 prazas destinadas ao corpo de Avogados do Estado.
  • 6 prazas destinadas ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa.
  • 6 prazas destinadas ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa.
  • 6 prazas destinadas ao corpo de Auxilio Xudicial.
  • 1 praza destinada ao corpo de Técnicos Especialistas do INTCF.
  • 1 praza destinada ao corpo de Axudantes de Laboratorio do INTCF. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 14.00 h. (hora peninsular) do 17 de outubro de 2022.

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente a través da seguinte ligazón: https://www.cej-mjusticia.es/sede/

IMPORTANTE: Por tratarse dun Curso de Experto Universitario resulta un requisito imprescindible de acceso posuír titulación universitaria de Grao, Diplomado Universitario, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou equivalente. Descartaranse aquelas solicitudes que non cumpran este criterio.

Volver