CONVOCADAS 840 PRAZAS EN SETE ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LIÑA EN DEREITO CIVIL AUTONÓMICO PARA 2025

CONVOCADAS 840 PRAZAS EN SETE ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LIÑA EN DEREITO CIVIL AUTONÓMICO PARA 2025

30/01/2025

A Dirección do Centro de Estudos Xurídicos (CEJ) publicou a resolución pola que se convocan 840 prazas en sete actividades formativas en dereitos civís propios das comunidades autónomas que estatuariamente posúenos recollidas no Plan Transversal de Formación Continua 2025.

Estas actividades formativas céntranse nos dereitos civís propios daquelas comunidades autónomas que estatutariamente posúanos, e desenvolveranse en modalidade en liña entre o 10 de marzo e o 13 de xuño de 2025 cunha carga lectiva de 120 horas. 

En concreto, trátase de dereito civil aragonés, dereito civil balear, dereito civil catalán, dereito civil galego, dereito foral navarro, dereito civil valenciano e dereito civil vasco.

As actividades ofertadas diríxense a membros da Carreira Fiscal, do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa, e Auxilio Xudicial. Así mesmo, establécese unha reserva do 15% das prazas para cada unha das carreiras ou corpos para persoal interino ou que exerza labores de substitución. 

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente a través da sede virtual do CEJ e o prazo termina o 20 de febreiro ás 14.00 (hora peninsular).

Aquelas persoas que obtivesen certificacións equivalentes emitidas polo CEJ en edicións anteriores, cunha carga lectiva inferior a 120 horas, poderán solicitar participar nestas actividades indicando tal extremo. Durante o desenvolvemento da actividade deberán completar a carga lectiva restante para obter a certificación de 120 horas lectivas.

Importante: En aplicación dos acordos de transferencia de competencias en materia de Xustiza, a oferta formativa do Centro de Estudos Xurídicos está reservada a persoal non transferido, o que inclúe as actividades convocadas. 

Acceso á resolución

Volver