Laboratorio de Ideas

 

Actualmente o Centro de Estudos Xurídicos está a traballar en deseñar e pór en marcha un laboratorio de ideas no que desenvolver unha función de análise e establecer espazos de debate que faciliten a toma de decisións no ámbito institucional e contribúan a superar o desfasamento entre a evolución da sociedade, os cambios lexislativos e a acción da Administración de Xustiza.

Neste contexto, o 3 de maio de 2022 constituíuse un grupo de traballo co obxectivo de elaborar unha “Guía de Boas Prácticas entre Xulgados de Violencia sobre a Muller e Xulgados de 1ª Instancia/Familia” que permita mellorar a coordinación dos distintos actores implicados e dar unha resposta máis eficaz no ámbito de actuación destes xulgados.