Formación aberta

Formación aberta

 

Co fin de aproveitar o valor estratéxico do Centro de Estudos Xurídicos e explotar o seu potencial transformador, de análise e de xeración de coñecemento, considérase fundamental dar un paso máis para lograr conectar o Centro coa sociedade.

Neste sentido, está a traballarse en deseñar e pór en marcha un laboratorio de ideas no que desenvolver unha función de análise e establecer espazos de debate que faciliten a toma de decisións no ámbito institucional e contribúan a superar o desfasamento entre a evolución da sociedade, os cambios lexislativos e a acción da Administración de Xustiza.

En paralelo, e co fin de profundar na aproximación do Centro de Estudos Xurídicos non só aos profesionais da Xustiza senón tamén á cidadanía en xeral, de maneira progresiva iranse celebrando seminarios, encontros, mesas redondas e outras actividades divulgativas e de formación abertas a todas aquelas persoas que estean interesadas nelas. Tamén se facilitarán recursos de aprendizaxe en formato aberto que permitan tomar contacto e, mesmo, profundar en diferentes materias relacionadas co Dereito.