CEJ

CENTRO DE ESTUDOS XURÍDICOS (CEJ)

 

O Centro de Estudos Xurídicos (CEJ) é un organismo autónomo (art.1 Estatuto do CEJ, aprobado por Real Decreto 312/2019, do 26 de abril) adscrito do Ministerio de Xustiza a través da Secretaría de Estado de Xustiza, que ten como principais funcións e facultades a formación inicial e continuada da Carreira Fiscal, o Corpo Superior de Letrados da Administración de Xustiza e persoal ao servizo da Administración de Xustiza. Así mesmo, tamén é competente na formación continuada do Corpo de Avogados do Estado e das Forzas e Corpos de Seguridade na función de Policía Xudicial.

Ten personalidade xurídica diferenciada, patrimonio e tesouraría propios, así como autonomía de xestión e plena capacidade xurídica e de obrar e, dentro da súa esfera de competencias, correspóndenlle as potestades administrativas precisas para o cumprimento dos seus fins, nos termos establecidos neste estatuto, salvo a potestade expropiatoria

O organismo está composto por:

  • Órganos de goberno:  o presidente do Centro de Estudos Xurídicos e o Consello.
  • Órganos executivos: o director do organismo e os órganos que lle asisten: o Director de Formación da Carreira Fiscal, o Xefe de Estudos e o Secretario Xeral.