HISTORIA DO CENTRO DE ESTUDOS XURÍDICOS
O Centro de Estudos Xurídicos tivo a súa orixe nos anos 40 do século pasado cando se constatou a necesidade de complementar e actualizar a cultura xurídica dos futuros xuíces e fiscais. Para iso, ditouse A Lei do 26 de maio de 1944 sobre creación da Escola Xudicial.
O 6 de xuño de 1950 inicia a súa actividade e en 1950 instálanse no edificio actual da Cidade Universitaria.
A Lei Orgánica 16/1994 do 8 de novembro, de modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial, no seu artigo 434, atribuíu ao "Centro de Estudos Xurídicos" "a selección, formación inicial e continuada dos membros da Carreira Fiscal, do Secretariado e demais persoal ao servizo da Administración de Xustiza". Exclúese nesta Lei Orgánica a formación de xuíces que pasasen a formarse nunha Escola Xudicial propia.
Indica o mesmo artigo 434 que: "O Centro de Estudos Xurídicos impartirá anualmente cursos de formación sobre o principio de igualdade entre mulleres e homes e a súa aplicación con carácter transversal polos membros da Carreira Fiscal, o Corpo de Secretarios e demais persoal ao servizo da Administración de Xustiza, así como sobre a detección e o tratamento de situacións de violencia de xénero".
Y en el apartado 3 de dicho artículo: "Reglamentariamente se establecerá la organización del Centro y designación del personal directivo. Asimismo, se establecerán las relaciones permanentes del Centro con los órganos competentes de las Comunidades Autónomas".
Consecuencia de esta obligación legislativa es el Real Decreto 312/2019, de 26 de abril. (BOE núm. 113, de 11/05/2019) en el que se aprueba el Estatuto actual.
O novo Estatuto ten como obxectivo potenciar a eficacia na toma de decisións estratéxicas en materia de formación, adaptar o seu contido ás esixencias de aprendizaxe do século XXI e actualizar as referencias normativas e as denominacións dos corpos da Administración de Xustiza. No mesmo inclúese a creación de dous novos órganos: a Dirección de Formación da Carreira Fiscal e a Comisión Pedagóxica, introdúcense os principios de transparencia e obxectividade na toma de decisións, actualízanse referencias normativas e refórzase o carácter autónomo do Centro de Estudos Xurídicos.